Pulsa aquí para ir al Indice del Códice Estelar Pulsa aquí para entrar en la página de AGASF
Indice ] Sumario ] Siguiente ]
Número 1

O reto da Hispacón / Galeicón

Juan Luis Pintos
  Nada más sair do ovo e xa temos que cacarear. A AGASF é certamente un poliño recén nacido. Ainda non tivemos tempo de medrar, de espallarmos por toda a Galicia e xa temos que facer oficios de maiores.

Temos por diante a organización dun evento que abrangue a decimoseptima HISPACON, a HISPACON 99. Todos sabedes xa a circunstancias nas que nos fixemos coa organización destas xornadas españolas dos afeccionados á CF e á fantasía. Algúns pensarán que fomos moi osados ó botar sobre das nosas costas tal tarefa. Ben, pode que así sexa, mais a aposta esta feita e xa estamos na apertura.

A nosa sociedade, como tódalas sociedades precisa de contos, relatos, historias, ficcións que lle expliquen cómo veñen os nenos ó mundo, como aparecen no mundo homes e mulleres, ónde é que van, se van algures e como xurden determiñados grupos humans.

Hai algúns anos tíñamos un exceso de respostas para estas preguntas tan sinxelas e tan misteriosas. Hoxe carecemos de respostas tan craras, tan definitivas. Algúns as botan en falta. Algúns precisan saber todo do seu pasado e do seu futuro. Nos, non.

Nacimos como froito dunha seca pertinaz. A que malla nos afeccionados galegos á ciencia ficción dende hai decenios. Algúns acordamos comenzar con lixeiros orvallos (perdoese a doada alegoría) que principiaron dar froitos breves e discontínuos: unhas conferencias e debates no marco das 1as. e 2as. Xornadas USC de CF, a convocatoria do I e II Certame de Contos de CF…Os que principiabamos con esta lea tiñamos as nosas angueiras nas aulas universitarias, máis ou menos "raros bichos", tíñamos a pretensión de afirmar, no meio dunha actividade "cultural" exánime, a validez científica e social da nosa afección á ciencia ficción baixo calquera dos seus soportes.

Non eramos fanáticos. Non eramos eruditos. Interesabanos a CF ademáis de outras moitas cousas. Mais decatámonos de que non eramos os únicos nin estabamos sós. Sospeitabamos que por moitos lugares e vilas de Galicia tiña que existir xente coma nos que moi probabelmente tiña interese en comunicarse, en contarlle a outros, que lle entenderan e non o tiveran por tolo, as suas preferencias, os seus amores e as suas xenreiras, os seus desintereses. Xa que logo precisabamos dun instrumento que permitira eses supostos ancellos de comunicación e diálogo.

E así foi como xurdíu o proxecto de crear unha asociación cultural legalmente recoñecida. Ó grupo inicial xa tíñanse vencellado algunhas persoas non ligadas á universidade, profesionais e traballadores de diferentes ámbitos. Así asumíu un corpo a idea e fixemos a inscripción no rexistro galego de asociacións a "Asociación Galega de Ciencia Ficción", cuio acrónimo, eufonizado, é AGASF.

Sabemos as tarefas que fican diante de nós. Unha primeira é recuperar unha tradición sobranceiramente galega. ¿Galega?, escandalizaranse algúns. Sí, porque desde antigamente algúns dos pobos que nos conquistaron (non os primeiros, nin os últimos) déronlle ó derradeiro anaco de nosa costa o nome de "Finis Terrae". Fin da terra, ou millor, fin do mundo. Máis aló comenza o misterio, o arrepiante, os Leviatáns (aqueles primeiros Godzillas) e a aventura. O fin, máis precisamente a linde, é un reto para o coñecemento e a ciencia. E diante dese reto principian as lendas. As lendas galegas, españolas, europeas. ¿Quén pode poñer en dúvida que os galegos do século oitavo non escribiron ciencia ficción (daquela chamabanlle "milagres") cando referiron que o corpo do apóstolo Sant-Iago ("O corpo santo"… na "Saga/fuga de JB") chegara a Padrón desde Terra Santa nunha barca de pedra? E, ¿qué podemos pensar daqueles galegos, alo polo 10 de marzo de 1493, en Baiona escoitaron as historias duns tolos que baixaron dunha carabela chamada "Pinta"? ¿Se non os creran, pensades que se iba saber a noticia da chegada ás Indias polo outro camiño? Galicia está mechada de estranos contos, de escritores e poetas que contaron e contan sen parar sobre das múltiples realidades nas que Galicia vive. Contan e contaron Cunqueiro, Valle, Torrente e tantos otros. Por iso ten sentido xuntar à Hispacon 99 a Primeira Galeicon (Convención Galega de Ciencia Ficción).

Esta é a nosa primeira tarefa. Xa que logo temos a pretensión de incitar, animar, provocar o xurdimento de escritores, cineastas, debuxantes, artistas que dende Galicia afronten o reto de describir as múltiples realidades nas que vivimos.

Por iso cociñamosvos un programa cheo de diferentes realidades, de diferentes actores, de diferentes temas para o debate e o lecer. Queremos así darvos a Benvida a esta cidade e este país que acollera a tantos aventureros/peregriños no pasado e que pretende abrir a todos vos unha nova xeira de camiñar cara ò futuro.

Presidente de la AGASF

 
Indice ] Sumario ] Siguiente ]